Programa Tomiño 2030

Facendo balance

Ciclo da agua

Concello verde

Eficiencia enerxética

Mobilidade sostible

Comercio

Parque Agro-Industrial

Camiño de Santiago

Educación

Espazo Isaura Gómez

Núcleos de centralidade

Participación Veciñal

20 retos

Xerar solo empresarial nunha situación xeoestratéxica

Impulsaremos a creación do Parque Agroindustrial Transfronteirizo, un proxecto baseado no respecto ambiental, na rexeneración dos recursos hídricos e na reactivación do solo empresarial de base innovadora.

Un concello no que poder vivir

Crearemos unha Oficina Municipal da Vivenda que xestionará o Patrimonio Municipal do Solo, promoverá cooperativas de vivendas e de vivendas de promoción pública e ofrecerá asesoramento das axudas de rehabilitación.

O Tomiño das persoas

Somos un referente na recuperación de espazo público para as persoas. No vindeiro mandato completaremos a xeración de lugares de encontro e núcleos de centralidade en todas as nosas parroquias e espazos singulares.

O Tomiño da bicicleta

Crearemos una rede de infraestruturas verdes e vías ciclabeis para fomentar o uso da bicicleta e continuaremos expandindo o e-bike Rio Minho para impulsar o uso da bicicleta eléctrica.

Un concello ambientalmente xusto e comprometido coa lei de residuos

Apostaremos por modelos baseados na economía circular, xeralizando a compostaxe e dándolle unha nova vida aos nosos residuos. Faremos de Tomiño un dos primeiros concellos en cumprir coa directiva marco e a lei de residuos logrando máis do 50% da reciclaxe.

Primeiro concello con garantía 100% de eficiencia enerxética

Cunha planificación estratéxica conseguiremos de aquí ai 2030 que o 100% do alumeado público conte con tecnoloxías eficientes e o 100% dos edificios públicos municipais sexan rehabilitados enerxeticamente e alimentados por enerxías renovábeis.

Tomiño das 10.000 árbores

Temos o reto de colocar máis de 10.000 árbores nos espazos públicos que estarán inventariados no Catálogo Verde de Tomiño. O noso obxectivo será ter máis árbores que puntos de luz!

Xestión Integral do Ciclo da auga

Impulsaremos a Estratexia Municipal do Ciclo da Auga 2030, que catalogará os recursos hídricos de Tomiño apostando pola autoxestión das traídas de augas e a creación de colectores de saneamento e zonas de depuración comunitaria e individual.

O Espazo Isaura Gómez, centro da actividade cultural e social da comarca

A actividade cultural conectarase coas das entidades culturais das parroquias e os novos espazos a recuperar, como a Casa de Cultura de Tomiño e a Casa do Tempo de Sobrada.

O concello referencia en Europa na cooperación transfronteiriza

Seguiremos tecendo amizade con Vila Nova de Cerveira impulsando as iniciativas da Eurocidade e o AECT Rio Minho e situando ao territorio no centro da Eurorrexión, co gran reto de crear o primeiro parque urbano transfronteirizo de Europa coa pasarela peonil no Parque da Amizade.

Un novo turismo para Tomiño

Situaremos ao noso concello como polo tractor dun turismo de calidade e respectuoso coa contorna. Impulsaremos a recuperación da variante do Camiño da Nosa Señora do Norte e potenciaremos o Parque da Amizade.

O Tomiño do gran parque

Queremos crear un amplo parque público no centro do Seixo, un pulmón verde de referencia no concello, no que contaremos con espazos de lecer, áreas deportivas e de esparexemento.

Facer de Tomiño un concello 100% accesíbel

Queremos que en 2030 Tomiño sexa o primeiro concello en eliminar as barreiras arquitectónicas dos espazos e edificios municipais. Estableceranse liñas de axudas para facer un Tomiño accesíbel cohesionador, integrador e con visión de xénero.

As obras que non se ven, o concello con máis servizos de benestar social

O noso reto é situar a Tomiño como referencia no eido social garantindo e mellorando a calidade dos servizos públicos creados: 2 escolas infantís, centro de día público, servizo de atención temperá, oficina de igualdade, servizo de axuda no fogar…

O Tomiño da arte, do talento e da creatividade

Empregaremos a nosa longa historia vencellada a persoeiros da arte e da cultura
para situarnos como concello referente do talento e a creatividade. Crearemos un espazo coworking e impulsaremos accións innovadoras para o seu fomento

O concello do río

Somos o concello con máis quilómetros de río Miño, unha identidade a preservar. O reto é conectar e mellorar os itinerarios ciclábeis, que conformarán itinerarios xerais como o Anel Verde do Río Miño, a rede de cicloturismo Eurovelo…

Deporte e Lecer, un Tomiño saudábel

Fomentaremos itinerarios peonís e favoreceremos o deporte de base para todos os nenos e nenas. Temos como reto a creación de novas instalacións deportivas
vencelladas ao río e apoiaremos a inclusión fomentando deportes menos coñecidos.

Primeiro concello con garantía 100% de eficiencia enerxética

Queremos situar a Tomiño como un concello que garante servizos públicos que dependen doutras administracións. Defenderemos que a Xunta atenda as súas obrigas tanto na sanidade pública como na atención ás escolas, no transporte e na mobilidade.

Cunha economía verde e circular

Apostaremos por ser un concello modelo na convivencia do noso sector agrícola coas zonas residenciais. Crearemos unha mesa de traballo para deseñar unha estratexia de desenvolvemento agrícola e sotibilidade ambiental e fomentaremos o comercio local de proximidade.

Un concello imaxinado coa participación de todas e todos

Daremos un novo impulso á participación veciñal en todos os eidos. Alén do Concello Escoita e do grupo de participación xuvenil Voces Novas, constituiremos os Consellos Parroquiais para atender ás súas necesidades en colaboración coas asociacións existentes.

30 accións

Constitución e Regulación dos Consellos Parroquiais​

Crear a Casa do Tempo, un espazo para a recollida da memoria e patrimonio inmaterial

Posta en funcionamento do Espazo Isaura Gómez, sede da nova biblioteca, aula-estudo, arquivo municipal, atención temperá e aula CeMIT

Rehabilitación enerxética do edificio da Casa da Cultura

Redacción e aprobación do Plan Especial do núcleo de centralidade de Amorín, que posibilite a cobertura legal para a construción dun centro cultural na contorna da Igrexa

Creación do Roteiro da Amizade, unha vía ciclábel entre Tomiño-Goián-Cerveira, como columna vertebral da rede de itinerarios ciclábeis locais

Reposición do colector de saneamento e senda polo río Pego que vincule O Seixo e Vilachán coa senda do río Miño a través dun espazo verde

Elaboración e execución do plan de mellora de camiños municipais 2023-2027 a proposta dos Consellos Parroquiais

Creación do Inventario de Patrimonio Etnográfico de Tomiño no que se recollan e xeoreferencien elementos de arquitectura tradicional como muíños, lavadoiros, fontes etc

Programa “Mellora a túa fachada”, que incluirá actuacións en medianeiras, axudas de tratamento de fachadas de valor histórico, decoración verde, etc

Creación e habilitación de puntos de carga de vehículos eléctricos

Posta en funcionamento do espazo “Coworking da creatividade” no Mercado de Goián, especialmente dirixido a artistas e xente nova

Apertura e promoción de dúas áreas de autocaravanas

Execución da obra de Mellora da contorna da Costa, Estatua e Igrexa da Peregrina de Estás

Elaboración do proxecto e execución da obra de recuperación da contorna da igrexa e praza de Santa María de Tebra

Mellora na contorna da Casa dos Mestres de Forcadela

Promoción e impulso da Feira de Cultivos como evento social e profesional do sector agrícola

Elaboración dun Plan Especial reestruturando o espazo público e de equipamentos no Alivio e creación dun itinerario peonil co Seixo

Rehabilitación e posta en funcionamento da Casa da Teonila

Creación dun Plan de Camiños Escolares Seguros e de actuacións de seguranza viaria nas contornas escolares

Implantación pioneira dun novo sistema de depuración comunitaria para os núcleos rurais

Establecer unha liña de axudas para a mellora e modernización dos sistemas de depuración individual

Plan estratéxico de mellora e extensión da actual rede de saneamento convencional

Implantación do Sistema Dixital de control e xestión das traídas de augas

Plan de actuacións de mellora de traídas de augas 2023-2027 en consenso coas traídas veciñais

Elaboración do Plan Hidrolóxico-Hidráulico que estableza criterios de actuacións nas zonas máis afectadas polas inundacións

Redacción do “Plan Tomiño Escola 2030”, que contemple actuacións e melloras nos patios e edificios dos 5 colexios e CRA Mestre Manuel Garcés. Será aprobado no Consello Escolar e executado en colaboración coa Xunta de Galiza

Desenvolvemento do proxecto de fondos europeos “A Tenda” de apoio e dixitalización ao comercio local

Execución do proxecto de substitución por tecnoloxía LED de máis de 3000 puntos de luz, cofinanciado con fondos europeos

Divulgación do Arquivo da Imaxe, contribuíndo á recuperación e preservación do noso patrimonio inmaterial e memoria colectiva

Unha candidatura chea de capacidade, solvencia e futuro

Sandra

Uxío

Cris

Rubén

Ana Belén

Alexandre

Ana

Lois

Ani

Agus

Manuel

Sofía

Marta

Noli

José Manuel

Marta

Christian

Elena

Fran

Miguel

María Xosé

Peque

Fátima

Loli

Suso

Fran